Cultura
Deputación de Lugo

Efrén Castro e Maite Ferreiro visitaron o PalillAD, que reúne máis de 350 palilleiras de Galiza, Asturias e O Bierzo na Praza de Abastos de Lugo

PalillAD
EFRÉN CASTRO
Maite Ferreiro
ENCONTRO DE PALILLEIRAS
A Asociación Agulla Máxica organiza esta xuntanza, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Máis 350 palilleiras participan este sábado na Xuntanza de Palillleiras e Multilbores PalillAD, que se celebra na Praza de Abastos de Lugo.

A xornada, organizada pola asociación lucense Agulla Máxica coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño e a área de Participación e Servizos a Veciñanza do Concello de Lugo, convocou na cidade palilleiras de preto de trinta asociacións de Galiza , Asturias e O Bierzo.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Artesanía Efrén Castro e a concelleira de Cultura e Turismo Maite Ferreiro achegáronse á xuntanza para dar a benvida ás participantes, que comezaron coa actividade ás 10.00 horas e que seguirán amosando o seu traballo ata ás 19.00 horas.

Efrén Castro e Maite Ferreiro valoraron a “dedicación das palilleiras, que manteñen viva e transmiten esta técnica tradicional que está a experimentar unha importante transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño ou a decoración". Tamén destacaron "a oportunidade de socialización e convivencia que xeneran este tipo de eventos"

Ademais das palilleiras elaborando os seus deseños, a Praza de Abastos acolleu unha decena de postos de venda de materiais relacionados coas técnicas e os oficios textís.


Asociacións Participantes

Alfinete e Asociación de Orbazai (Lugo), Asociación Camiño de Santiago e Asocición Castelo dos Leos (Sarria), Palilleiras da Costa (Burela), Palilleiras Ribeira Sacra (Monforte), Asociación Bolimar (Marín), , Asociación Bella Otero (Valga), Asociación A Floriña (Valga), Asociación Mar de Fíos (Pontevedra), Asociación Avante (Portonovo), Puntada e fío (Ourense), Palilleiras de Oleiros, Palilleiras de Arteixo, Asociación Maria del Mar Becerra e Palilleiras San Miguel (Valdoviño), Palilleiras de Boiro, Palilleiras Adro Vello (O Grove), Palilleiras de Xil (Meaño), Palilleiras de Oza Cesures, Asociación Verónica Rubio (Xixón), Asociación La vida (Xixón), Asociación Amas de Casa Vega Cordero (Xixón), Asociacion Natalia (Xixón), Asociación Bomar (Ponferrada), Aemtel (diversas localidades do Bierzo) e Asociación Encajeras Leonor (Soria).