Cultura
Deputación de Lugo

Orbazai celebra a súa foliada o 1 de xuño, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello de Lugo

Orbazai
IRIA CASTRO
EFRÉN CASTRO

Orbazai celebrará o vindeiro 1de xuño a 12ª edición da súa Foliada, unha celebración popular que reivindica a música tradicional e pon de manifesto o dinamismo social e cultura desta parroquia do rural lucense.

Airiños de Orbazai, a Asociación de Veciños e a Comunidade de Montes organizan esta xornada, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a da área de Cultura do Concello de Lugo.

Representantes destes colectivos, acompañados polo vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, da deputada de Cultura Iria Castro, do tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo e das concelleiras de Cultura e Participación Maite Ferreiro e  Cristina López presentaron esta nova edición da Foliada, que encherá de actividade a Carballeira de Xanares durante toda a xornada.

A inauguración da feira de artesanía, con demostracións e postos de vendas de produots artesáns e agroalimentarios, abre un programa no que o protagonismo é para a música tradicional, co Festival das Escolas, coa actuación das novas xeracións de Airiños de Orbazai, e as actuacións de Cantareiras D´Xanares e Airiños de Orbazai, a Asociación Cultural “Xermolos” (Guitiriz), Ondiñas do Mendo (Salvaterra do Miño) e Agrupación Folckórica La Sidrina (Lugones, Asturies).

A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro destacaron na presnetación “o compromiso coa cultura e a música tradicional da veciñanza de Orbazai, que son un exemplo da importancia que os colectivos de base teñen no dinamismo social e cultural, especialmente nas parroquias rurais”

Programa

11.00 horas
Feira de Artesanía

13.00 horas
Festival das Escolas
Airiños de Orbazai

14.00 horas.
Sesión vermú
Pandereteiras de Orbazai

17.00 horas
Actuacións musicais

Cantareiras D´Xanares (Lugo)
Asociación Cultural “Xermolos” (Guitiriz)
Ondiñas do Mendo (Salvaterra do Miño)
Agrupación Folckórica La Sidrina (Lugones, Asturies)
Airiños de Orbazai

21.00 horas
Degustación de pinchos
Foliada popular