Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Pazo acollerá unha proba do circuíto galego de baile deportivo, con máis de 700 bailaríns e bailarinas de toda Galiza

start dance
gravitty
BAILE DEPORTIVO
O club lucense Star Dance organiza a competición, que se celebrará o domingo pola tarde

O Pazo acollerá este domingo – 2 de xuño - unha proba do circuíto de baile deportivo Urban Dance Tour,  que reunirá máis de 700 bailarinas e bailaríns de corenta equipos de danza hip hop chegados de toda Galiza, entre eles os lucenses Star Dance – que organiza o evento  - e Gravitty

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este mediodía na presentación do evento, que contou cunha demostración das máis pequenas e pequenos de Star Dance e na que estiveron tamén representantes do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia, así como

No acto, os reresentantes do club Rubén Díaz -encargado da sección de hip hop- e Berta Figueras sinalaron que  “a organización da proba supón unha grande responsabilidade  pero tamén un privilexio e unha honra traer a Lugo un evento desta magnitude, que fomenta o deprote e a arte ao mesmo tempo”.

Efrén Castro  valorou “a iniciativa de club que, organizando esta competición, demostra o bo facer do tecido deportivo lucense, especialmente dos clubs de base, nunha ampla variedade de disciplinas”.

A competición, que puntúa para a clasificación da Federación de Baile Deporte, iniciarase ás 14:00 horas, con espectáculos artístico-deportivos de equipos de diversas categorías, desde Baby (de 5 a 8 anos), pasando por  Infantil, Junior, Youth, Absoluta ata Premium (maiores de 30 anos). Tamén se realizarán probas por equipos, que competirán en  Parellas, Miniparellas, Individual e Minindividual.