Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación celebra en Guitiriz a Festa da Torta de Millo coa que colabora cunha achega que supera os 40.000€

Guitiriz
Festa da Torta de Millo

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este domingo xunto á Alcaldesa de Guitiriz e Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, na VII Festa da Torta de Millo que se celebra durante todo o día de hoxe na praza guitiricense do Campo da Feira. 

As actuacións musicais de Fillas de Casandra, Mondra ou Xurxo Fernandes amenizarán esta cita gastronómica, que conta cunha achega que supera os 40.000€ da institución provincial a través do Plan Deputación 2024. Ademais da tradicional degustación e venda do doce elaborado polos establecementos locais: Panadería David, Pastelería Gómez e Panadería La Esquina; a cita inclúe tamén obradoiros, exposicións, xogos populares e postos de polbo á feira.

Este evento, que pretende poñer en valor a cultura da provincia a través da gastronomía e dunha das receitas tradicionais do territorio, estase a consolidar como unha das celebracións máis importantes da Terra Chá.