Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación apoia a Alcercon 5.000€ no seu traballo de apoio e atención ás persoas con enfermidades renais

ALCER

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, acompañou este mércores áAsociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Lugo (Alcer Lugo) na mesa de informativa que instalou na Praza de San Marcos para sensibilizar sobre esta doenza.Rivera Capón trasladoulle aos representantes do colectivo o apoio da Deputación ao traballo de Alcer Lugo, que leva máis de 40 anos na provincia e que na actualidade conforman preto de 400 socios.
A institución provincial colabora con esta asociación cunha achega de 5.000€ destinados a facilitar o seu labor, que consiste na mellora da calidade de vida das persoas con insuficiencia renal crónica na provincia.