Deputación de Lugo
Formación

A Deputación felicita á primeira promoción de graduados e graduadas en Bioquímica do Campus de Lugo

graduación
BIOQUÍMICA
Campus Terra

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este xoves no acto de Graduación da primeira promoción de alumnos e alumnas do Grao en Bioquímica da Universidade de Santiago, que se imparte no Campus de Lugo.  O Salón de Actos da Facultade de Ciencias acolleu a cerimonia no que o Deputado felicitou aos graduados e graduadas e as súas familias “por acadar un logro persoal importante na vosa formación, pero tamén un fermoso logro conxunto porque sodes a primeira promoción de Bioquímica deste Campus, algo que xa irá sempre con vós”, subliñou o Deputado. Fernández destacou o compromiso da Deputación coa Universidade pública facendo fincapé en que “somos a institución provincial que maior porcentaxe do seu orzamento dedica a programas de colaboración co ensino superior público”.