Deputación de Lugo
Formación

A Deputación felicita aos graduados en ADE e aos titulados no Máster en Dirección de Empresas do Campus Terra

USC

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este venres no acto de graduación da XII promoción de alumnos e alumnas do Grao en Administración e Dirección de Empresas e da XV promoción do Máster en Dirección de Empresas, titulacións que se imparten no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Neste evento, que tivo lugar na Aula Magna da Facultade, Fernández Méndez puxo en valor o Campus de Lugo, “que representa un exemplo de todo o que a universidade pública lle ofrece á sociedade. Un campus punteiro, centrado na excelencia e na actualización de coñecementos de xeito constante”, destacou o Deputado.