Cultura
Deputación de Lugo

Conferencia sobre A arte que conecta

A arte que conecta
sibila
Velázquez
IRIA CASTRO

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde unha conferencia do coordinador de Conservación do Museo del Prado Víctor Cageao, que expuxo as iniciativas desenvolvidas nos últimos anos polo Museo del Prado para estreitar a colaboración con outros museos do Estado, nomeadamente Prado Extendido e A arte que conecta, incindindo na relación co Museo Provincial de Lugo, que participa en ambas iniciativas.

A conferencia é unhas das actividades organizadas arredor da exposición da obra "Sibila" de Velázquez, que pode verse no Museo Provincial de Lugo ata o 7 de xullo, no marco do proxecto A arte que conecta. Ademais das visitas individuais, o Museo ofrece visitas técnicas comentadas para grupos (mínimo 10 persoas), con reserva previa no enderezo electrónico direccion@museolugo.org ou no teléfono 982242112.