Deputación de Lugo

A Deputación participa nas actividades complementarias polo Día das Forzas Armadas

Pablo Rivera Capón


O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este mércores ao Pavillón Municipal de Deportes de Lugo á exhibición dos equipos cánidos do Exército de Terra con motivo das actividades complementarias polo Día das Forzas Armadas. Nesta cita realizáronse diversos exercicios de detección de estupefacientes e explosivos, prácticas de obediencia e unha actividade de protección con buceira de impacto, entre outras mostras.