Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Centro de Atención de Maiores de Pedrafita celebra o 3º aniversario da apertura do centro

Centro de Atención a Maiores
CAM Pedrafita
Aniversario CAM Pedrafita

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, compartiu este martes cos residentes, traballadores e familiares do Centro de Atención a Maiores da Deputación de Lugo de Pedrafita do Cebreiro os actos de celebración do 3º aniversario do centro. Rivera Capón felicitounos por este tempo de convivencia e de grandes momentos vividos nos que converteron a residencia nun fogar, ao tempo que puxo en valor o modelo provincial de residencias, “centrado nas persoas, que está sendo un espello onde se miran dentro e fóra de Galicia”.

O Deputado aproveitou a visita para xantar cos residentes e participar nalgunha das actividades especiais programadas con motivo do aniversario do centro, que leva o nome de Manuel Villasol, usuario no centro que foi durante 30 anos tenente de Alcalde no municipio.

A Deputación de Lugo ten en funcionamento a día de hoxe un total de 9 Centros de Atención a Maiores, - Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Ribas de Sil e Navia de Suarna-, que ofrecen en total máis de 300 prazas asistenciais e manteñen uns 230 postos de traballo directos, o 95% deles ocupados por mulleres. Así mesmo, a institución provincial segue avanzando a bo ritmo na construción dos centros de Pontenova, Guitiriz, Becerreá, Pobra de Brollón, e ten en proxecto os de Portomarín, Ourol, Cervantes, Folgoso do Courel e Pantón.