Deputación de Lugo

A Deputación asiste aos actos que organiza o Colexio de Avogados de Lugo para recibir aos novos letrados

Pablo Rivera Capón
Festividade do Colexio de Avogados

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este venres aos actos organizados polo Ilustre Colexio de Avogados de Lugo para dar a benvida aos novos letrados e letradas que se incorporaron recentemente a esta entidade. Neste evento, que tivo lugar no Salón da Sede Colexial, entregouse a Condecoración Medalla de Ouro a José Antonio Cardelle González, avogado que cumpriu 40 anos de profesión, e tamén se impuxo a toga a cinco novos profesionais.