Cultura
Deputación de Lugo

O CEIP Vista Alegre de Burela conta cun novo mural realizado dentro do programa IlustrarNÓS da Vicepresidencia da Deputación

ILUSTRARNÓS
DANIEL GARCÍA
Burela
A artista ribadense Elvira López elaborou este deseño, que loce tamén en centros de Meira e Vilalba

A artista ribadense Elvira López, do colectivo Vacas Fracas, pintou no CEIP Vista Alegre de Burela un mural homenaxe a Chichi Campos dentro do programa IlustrarNÓS da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que propón aos centros educativos diferentes actividades arredor da ilustración e das artes gráficas.

O deputado de Mocidade Daniel García, acompañado da artista, do durector do centro e do tenente alcalde de Burela Mario Pillado, achegouse ata l mural, que loce nun dos muros do centro.

A artista sinalou que “a participación en IlustrarNÓS supón toda unha oportunidade para amosar o meu traballo e darlle visibilidade”.”Co meu traballo quixen plasmar a paixón de Chichi Campos polo debuxo, por iso o lapis sae do corazón cun foguete”, explicou.

Daniel García destacou a traxectoria e a boa acollida de programa IlustrarNÓS  “que ademais de achegar o alumnado á ilustración, ás súas técnicas e ás creadoras e creadores galegos, ofrece a muralistas e artistas novas un espazo para desenvolver a súa actividade”

Ademais do CEIP Vista Alegre,  Elvira López  plasmou o seu deseño no IES Pedregal de Irimia, de Meira, e no CEIP Terra Chá, de Vilalba.

Os colexios Luis Pimentel e Albeiros de Lugo, os colexios de Cervantes e Castroverde e o instituto da Fonsagrada tamén contan xa ou sumarán nas vindeiras semanas obras de Sandra Lodi e A. Cecilia, tamén con deseños arredor de Chichi Campos, a quen se dedicou este ano o Día da Ilustración.

Ademais destas intervencións artísticas, IlustrarNOS levou aos centros educativos da provincia charlas e obradoiros sobre a ilustración. No marco do programa, tamén se desenvolveu un certame escolar de ilustracion.