Cultura
Deputación de Lugo

Mario Outeiro presenta en Lugo un libro que propón 20 escapadas para coñecer o patrimonio do Corgo

O Corgo
IRIA CASTRO
Mario Outeiro
SERVIZO DE PUBLICACIÓNS

O profesor corgués Mario Outeiro presentou este mércores no Pazo de San Marcos o libro “19(+1) escapadas polo Corgo” editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada de Cultura Iria Castro acompañou ao autor na presentación desta edición que trata de poñer en valor o patrimonio do concello do Corgo a través de percorridos por cada unha das diferentes parroquias do concello. As imaxes están da man do fotógrafo alemán, afincado en Galiza, Peter Schneider.

Na presentación, na que tamén interviron Xose Manuel Castro e Lolo de Anseán, a deputada de Cultura Iria Castro valorou "o traballo do Servizo de Publicacións, coa edición de obras de interese sobre a provincia, coma este libro que asina Mario Outeiro, activista cultural e docente vocacional, e corgués orgulloso, como demostra con este estudo”.

A publicación está realizada en galego, castelán e inglés e inclúe pasatempos nas tres linguas.

Mario Outeiro libro O Corgo