Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Fluvial de Lugo gañou a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, que se celebrou esta tarde en Ribadeo

COPA DEPUTACIÓN PIRAGÜISMO
Ribadeo

O Club Fluvial de Lugo logrou o primeiro posto na segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O club anfitrión, segundo, e o Cidade de Lugo, terceiro, completaron o podio por equipos da proba, que se celebrou esta tarde na ría de Ribadeo, coa participación de 175 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-.

Copa Deputación de Lugo

A de Ribadeo foi a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, que comezou o pasado mes de maio en Portomarín.

A competición, impulsada pola área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo , ofrece aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas, contribuíndo así á consolidación de equipos de base.

Cada regata é organizada por un club, facilitando así que a actividade deportiva pero tamén económica e social que xeran as probas, se distribúa por toda a provincia, especialmente, na comarca da Mariña, onde se concentran catro das probas.

Próximas datas

28 de xullo. San Cibrao (Cervo)
Organiza Club de Piraguismo de San Ciprián

18 de agosto.Viveiro
Organiza Club de Piraguismo de Viveiro

7 de setembro. Foz
Organiza Club Kayak

21 de setembro. As Saamasas (Lugo)
Organiza Cidade de Lugo