Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a novena edición do Campus Alex Llorca

Campus Álex Llorca
EFRÉN CASTRO
baloncesto

150 nenas e nenos participan estes días na novena edición do Campus Alex Llorca foron recibidos polo vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro recibiu aos participantes no Pazo de San Marcos. A Vicepresidencia da Deputación colabora con este campus deportivo, que se está a celebrar no Pazo dos Deportes e no Anexo, que alcanzou récord de participación e conta con xogadoras e xogadores de Lugo e Galiza pero tamén doutros puntos do Estado como Madrid, Canarias ou Cataluña.

Durante toda a semana os participantes contan con adestramentos dirixidos, fisioterapeuta ou testemuñas centradas en mellorar o seu estado físico e enfocarse ao futuro deportivo. Tamén teñen tempo para asistir á piscina, realizar gymcanas pola cidade ou recibir visitas de xogadores profesionais.