Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora na organización do descenso urbano de Sarria, que se celebra esta fin de semana

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou na presentación do DHU Vila de Sarria, que se celebrará esta fin de semana coa colaboración da entidade provincial.

O club ciclista DH Galicia, que ven organizando o evento desde 2012, ultima os preparativos dunha nova edición, con dúas xornadas de espectáculo deportivo nas rúas da vila,.

O circuíto comeza no campo da feira e cruza centro histórico polo roteiro xacobeo ata O Malecón. Supón a instalación de máis de 100 módulos de madeira cos que se van conformando os elementos do percorrido,  considerado o mellor do Estado  por moitos deportistas, público e prensa.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro valorou “o esforzo do DHG na organización e na loxística da proba, que converteu Sarria nun referente estatal desta modalidade, e que segue incorporando novidades deportivas como a proba de DIRT e ampliando as propostas lúdicas mantendo a actividade durante toda a fin de semana”.

O responsable provincial subliñou tamén “o traballo que o club ven facendo por dar continuidade a afección por estas modalidades coa escola de ciclismo, que supón unha alternativa de ocio saudable para as nenas e nenos”.

DHG Sarria

Colaboración co DIRT Vila

Unha das novidades da fin de semana será a proba  de dirt jumping,  unha modalidade caracterizada pola espectacularidade dos saltos e das acrobacias dos participantes que se celebrará na tarde do sábado.

O circuíto contará cun inchable de catro metros de altura, adquirido recentemente polo DGH Team coa colaboración da área de Deportes.

Con este investimento en material, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforza a colaboración que mantén co DHG e co Concello de Sarria na organización do descenso urbano.

Sábado 13

09:00 Apertura Market e zona Gastronómica

9:30 a 11:00 entrega dorsais Mini DHU

9:30 a 11:00 adestramentos oficiais Mini DHU

11:15 manga clasificatoria Mini DHU

12:30 manga final Mini DHU

16:00 a 20:00 adestramentos DHU

19:30 Finais Dirt Vila de Sarria

Concertos:

21:30 Thee Blind Crows

22:25 Drugos

23:20 Los Enemigos

00:45 Corvos Cegos

Domingo 14

10:00 a 14:00 adestramentos DHU

16:00 manga clasificatoria DHU

17:30 manga final DHU