A Vicepresidencia da Deputación colabora na organización do descenso urbano de Sarria, que se celebra esta fin de semana
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou na presentación do DHU Vila de Sarria, que se celebrará esta fin de semana coa colaboración da entidade provincial.
O club ciclista DH Galicia, que ven organizando o evento desde 2012, ultima os preparativos dunha nova edición, con dúas xornadas de espectáculo deportivo nas rúas da vila,.
O circuíto comeza no campo da feira e cruza centro histórico polo roteiro xacobeo ata O Malecón. Supón a instalación de máis de 100 módulos de madeira cos que se van conformando os elementos do percorrido, considerado o mellor do Estado por moitos deportistas, público e prensa.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro valorou “o esforzo do DHG na organización e na loxística da proba, que converteu Sarria nun referente estatal desta modalidade, e que segue incorporando novidades deportivas como a proba de DIRT e ampliando as propostas lúdicas mantendo a actividade durante toda a fin de semana”.
O responsable provincial subliñou tamén “o traballo que o club ven facendo por dar continuidade a afección por estas modalidades coa escola de ciclismo, que supón unha alternativa de ocio saudable para as nenas e nenos”.
Colaboración co DIRT Vila
Unha das novidades da fin de semana será a proba de dirt jumping, unha modalidade caracterizada pola espectacularidade dos saltos e das acrobacias dos participantes que se celebrará na tarde do sábado.
O circuíto contará cun inchable de catro metros de altura, adquirido recentemente polo DGH Team coa colaboración da área de Deportes.
Con este investimento en material, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforza a colaboración que mantén co DHG e co Concello de Sarria na organización do descenso urbano.
Sábado 13
09:00 Apertura Market e zona Gastronómica
9:30 a 11:00 entrega dorsais Mini DHU
9:30 a 11:00 adestramentos oficiais Mini DHU
11:15 manga clasificatoria Mini DHU
12:30 manga final Mini DHU
16:00 a 20:00 adestramentos DHU
19:30 Finais Dirt Vila de Sarria
Concertos:
21:30 Thee Blind Crows
22:25 Drugos
23:20 Los Enemigos
00:45 Corvos Cegos
Domingo 14
10:00 a 14:00 adestramentos DHU
16:00 manga clasificatoria DHU
17:30 manga final DHU