Deputación de Lugo
Emprego

A Deputación de Lugo achega 40.000€ á CEL para fortalecer o tecido empresarial da provincia

convenio
Confederación de Empresarios de Lugo
O Presidente e o Secretario Xeral da Confederación de Empresarios deLugo veñen de asinar no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para financiar os gastos de funcionamento da entidade

José Tomé destacou que “a CEL desempeña un papel fundamental na promoción das empresas da provincia, e este apoio permitirá á entidade continuar co seu labor, apoiando e fomentando a creación de emprego”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, asinaron no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración que contempla unha achega económica de 40.000 euros á entidade.Esta contíaservirá para sufragar os gastos de funcionamento da CEL, garantindo así a continuidade das súas actividades en apoio ás empresas da provincia.

José Tomédestacou a importancia desta colaboración, afirmando que “a CEL desempeña un papel crucial na promoción das empresas da provincia. Esta achega permitirá á entidade continuar co seu labor de apoio aos empresarios e de fomento da creación de emprego”.Subliñou que esta colaboración é un exemplo do compromiso da institución “co fortalecemento do tecido empresarial da provincia, e o impulso de sectores como o agrogandeiro, o comercio, ahostalería, o turismo ou a industria”. Así mesmo, destacou que dende a institución provincial se seguirá colaborando coa CEL para impulsar proxectos que “fortalezan as nosas empresas e xerando novas oportunidades de emprego".

A Deputación de Lugo reafirma así a súa aposta pola cooperación entre as administracións públicas e as entidades empresariais para afrontar os desafíos económicos actuais. Este apoio económico axudará a CEL a manter os seus servizos, pero tamén “a ofrecer asesoramento, formación e recursos valiosos aos empresarios da provincia, contribuíndo ao desenvolvemento e á estabilidade económica local”, detallou o Presidente.

Esta nova colaboración vén a reforzar a estreita relaciónque a Deputación mantén coa Confederaciónde Empresarios de Lugo na organización e desenvolvemento de diferentes iniciativas, subliñando a importancia de traballar conxuntamente para seguir favorecendoe impulsando o crecemento económico da provincia”.

A Confederación de Empresarios de Lugo foi fundada en 1977 como entidade sen ánimo de lucro, de carácter intersectorial e de ámbito provincial.