Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación clausura o curso “Protección e maltrato animal” organizado polo curso de verán da USC

USC
maltrato animal
Facultade de Veterinaria

A deputada da Vicepresidencia da Deputación Iria Castro clausurou o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela “Protección e maltrato animal. Unha perspectiva actual das normas e actuacións dende o ámbito legal e veterinario”, impartido do 2 ao 4 de setembro na Facultade de Veterinaria. O programa centrouse nunha revisión das variacións normativas a nivel europeo e da nova Lei sobra protección e dereitos dos animais no Estado. Castro explicou que se trata dunha “oportunidade única para profesionais e estudantes interesados no benestar animal e así aplicar a normativa correcta”.

O curso de verán contou co apoio da área de Rural da Vicepresidencia dende a súa primeira edición dentro do marco de colaboración en materia de benestar animal, que conta igualmente con outras colaboracions como o curso especializado en normativa de Veterinario de Explotación, impartido nas dúas últimas anualidades dende o Colexio Profesional de Veterinarios de Lugo. No acto tamén participaron o presidente do Colexio Oficial de Veterinarios, José Luis Benedito Castellote; o maxistrado da Sala do Contencioso administrativo do TSXG, Luis Villares Naveira; e o Letrado da Administración de Xustiza, David Santos Río.