Máis de 1.000 rapaces e rapazas participaron este verán no campus do Club Estudiantes, co apoio da Vicepresidencia
O Vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro acompañou aos rapaces e rapazas que participan na última semana do campus Móvete con Nós Basket do Club Estudiantes, que se celebrou principalmente no Anexo do Pazo dos Deportes e no que participaron máis de 1.000 rapaces e rapazas. A Vicepresidencia provincial apoiou a organización deste programa que en 12 quendas semanais, dende o 24 de xuño ao 9 de setembro, permitiu mellorar a actividade individual de todos os aspectos relacionados co baloncesto. Castro celebrou o éxito deste programa no que participaron dende os nados en 2014 ata categoría sénior.