Deputación de Lugo
Formación

O Presidente reafirma o compromiso da Deputación co ensino público na apertura do curso universitario

FEIRA GANDO CABALAR
a fonsagrada
José Tomé Roca subliñou durante o acto, que tivo lugar no Paraninfo da Coruña, que a lucense “é unha das institucións que máis recursos económicos aporta ás universidades públicas en España, superando amplamente o millón de euros”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres ao acto académico de apertura do curso 2024-2025 nas universidades galegas que acolleu o Paraninfo da Universidade da Coruña. No acto participaron tamén a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, …., entre outras autoridades.

O mandatario provincial desexou un bo curso á comunidade educativa das universidades galegas e subliñou a estreita colaboración que a Deputación mantén coa Universidade de Santiago de Compostela. Neste senso, lembrou que a institución  que preside “é unha das institucións que máis recursos económicos aporta ás universidades públicas en España, superando amplamente o millón de euros ao ano”.

José Tomé sinalou que este apoio reflexa “o compromiso firme e constante da Deputación porque cremos na educación pública, universal e de calidade, como ferramenta para garantir a igualdade de oportunidades”. Ademais, puxo en valor o labor da USC e do Campus Terra, sinalando que Lugo “é un destino universitario de calidade e atractivo”. Así mesmo, destacou “a capacidade de crecemento e a  contribución de maneira significativa da actividade da comunidade universitaria, impulsando o dinamismo económico da cidade de Lugo e do conxunto da provincia”, engadiu o Presidente. 

O acto académico, que marca o inicio do novo curso universitario en Galicia, contou coa presenza de importantes autoridades académicas e políticas, que coincidiron na importancia de fortalecer a colaboración entre as institucións públicas e as universidades para fomentar a investigación, a innovación e a formación de calidade.  A xornada inaugural do curso 2024/2025 arrancou coa conferencia de título Desafíos e oportunidades para a dirección no século XXI, que foi impartida polo profesor e catedrático de universidade da Área de Organización de Empresas, Rafael María García Rodríguez.