Deputación de Lugo

A Fonsagrada celebra este domingo o tradicional concurso de gando cabalar, mular e asnal, co apoio da Deputación

FEIRA CABALAR
a fonsagrada

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, xunto ao Alcalde da Fonsagrada e
tamén Deputado de Medio Ambiente, Carlos López participou este domingo na entrega de
premios da XXXI edición do concurso de gando cabalar, mular e asnal, que tivo lugar no
Pavillón Deportivo Municipal. A Deputación de Lugo colabora con esta cita cunha ánfora de
Gundivós que foi entregada polo representante provincial na entrega de galardóns. Cajoto
subliñou a importancia deste tradicional certame “polo peso que representa o sector gandeiro
na economía rural da Fonsagrada. Numeroso público seguiu as diferentes probas que
congregaron exemplares de gando asnal, mular, cabalos e eguas do país, así como ponis e
cabalos de pura raza galega e asturcón.