Alcer organiza o 22 de setembro unha carreira e andaina solidaria pola Muralla para promover a doazón de órganos
Alcer Lugo e a Asociación Galega de Deportistas Trasplantes e en Diálise – Detradi organizan a I Carreira Solidaria e Andaina Popular “Doar é amar”, que se celebra o vindeiro 22 de setembro no adarve da Muralla.
María José Otero Díaz, presidenta de Alcer, María Jesús Díaz-Freijo Martínez, administrativa da entidade e Jose Carlos Millares Domenech, de Detradi, presentaron a carreira esta mañá, acompañados pola deputada de Cultura Iria Castro, o concelleiro e Deportes de Lugo Jorge Bustos e o xefe de Deportes da delegacion da Xunta de Galicia en Lugo Manuel Otero, as tres administracións que apoian a actiividade de Alcer.
No acto, fíxose un chamamento á participación no evento -en calquera das modalidades- a pacientes de ril, destacando os beneficios que a actividade física na saúde.
Ademais da promoción da actividade física, o evento busca concienciar á poboación da importancia de ser doantes de órganos e tecidos e, sobre todo, de informar a nosa contorna da nosa decisión de ser doantes, para que no momento do falecemento a decisión lles sexa máis fácil de tomar, xa que, aínda que en España todos somos doantes salvo que nos neguemos ante notario, séguese respectando a decisión da familia.
As inscricións poden realizarse ata o 17 de setembro na web de Champion Chip Norte.