Deputación de Lugo
Turismo

Máis de 180 veciños e veciñas da provincia viaxan esta semana co Coñece a túa provincia da Deputación

Coñece a túa Provincia
No programa de rutas gratuítas dainstitución provincial, dende hoxe e ata o venres, participaránseis colectivos de Lugo, Burela, Begonte, Foz, Mondoñedo e Láncara

A asociación Mulleres Rurais de Alfinete e o colectivo Lugo en pé…na defensa do ruralachéganse este martes áRibeira Sacra e á Mariña

En total, preto de 2.000 persoas de 80 asociacións beneficiaranse este 2024 destas viaxes pola xeografía lucense coas que a institución apoia aactividade do turismo, a hostalería e o comercio local

A Deputación de Lugo levará esta semana de viaxe a máis de 180 persoas de seis colectivos da provincia co Coñece a túa provincia, oprograma de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para favorecer o turismo de proximidade e dinamizar a economía local. Os participantes de entidades sen ánimo de lucro dos concellos de Lugo, Burela, Begonte, Foz, Mondoñedo e Láncara viaxarán, desde este martes e ata o venres,polo territorio lucense grazas a estas viaxes organizadas para colectivos sen ánimo de lucro da provincia.

Este martes, as asociacións Mulleres Rurais de Alfinete e Lugo en pé…na defensa do rural, ambas da capital lucense, abren a semana con destinos á Mariña e a Ribeira Sacra. No caso de Mulleres Rurais, partiron desde o Centro de Interpretación Terras do Miño con destino a Barreiros e Ribadeo, mentres que os membros de Lugo en pé...na defensa do rural comezaron o seu percorrido na Produtora de Audiovisuais da Deputación, para despois visitar Sober e Monforte de Lemos. 

O mércores, a Ribeira Sacra volverá ser protagonista. A Asociación Recreativa e Cultural de apoio ás persoas afectadas de cancro Esperanza de Burela visitará o Mazo de Santa Comba antes de dirixirse a Sober e Monforte de Lemos. Pola súa banda, a Asociación de Veciños La Campas de Galegos de Lugo descubrirá a historia do Pazo de San Marcos antes de viaxar tamén a Monforte de Lemos.

Será o xoves cando o Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamondevisitaráo Centro de Interpretación Terras, para logo realizar unha ruta polo concello de Cervo, que inclúe unha visita á fábrica de Sargadelos, á vila de San Cibrao, e á praia do Torno, así como ao Museo do Mar. Ese mesmo día, a Asociación de Veciños O Torques de Marzán de Foz explorará a Montaña, percorrendo os concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e Cervantes.

Para rematar a semana, o venres, os dous colectivos elixiron a ruta que inclúe un percorrido en catamarán polos Canóns do Sil na Ribeira Sacra. Os membros do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo partirán do Pazo de San Marcos, mentres que a Asociación de Veciños San Martiño de Río de Láncara comezará a súa viaxe desde o Centro de Interpretación Terras do Miño.

Case 2.000 persoas desfrutan en total este ano da cuarta edición do Coñece a túa provincia que remata en outubro e que a Deputación de Lugo promove para dinamizar a economía local e poñer en valor o patrimonio natural, cultural e histórico do territorio.

O programa inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar oulugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.