Deputación de Lugo

A Deputación destaca o seu compromiso co Porco Celta na presentación do 25 aniversario de ASOPORCEL

miguel fernández
ASOPORCEL
Aniversario ASOPORCEL

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este xoves no acto de presentación do 25 aniversario de ASOPORCEL que tivo lugar no atrio da Catedral de Lugo. Fernández lembrou o compromiso da Deputación de Lugo coa raza Porco Celta e coa asociación de criadores, aos que achega 43.000€ para o fomento da produtividade, competitividade e rendibilidade das súas granxas.

Acompañaron ao Deputado o presidente de ASOPORCEL, José Barreira Alonso, e a Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro Fernández, entre outras autoridades.