Deputación de Lugo

O Presidente asiste en Lugo á presentación do libro Caminos de España que recolle lugares singulares do país

libro
caminos de España

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acudiu este xoves en Lugo á
presentación do libro Caminos de España, que recolle 50 lugares singulares do país, un por cada provincia. A selección dos espazos foi realizada polo escritor Jorge Vivero e conta coas imaxes dos fotógrafos Pepe Tejero, Roberto Díaz, Gloria Tejero e Daniel Díaz. Da provincia de Lugo, a publicación destaca o Bosque dos Grobos, entre os municipios de Becerreá e As Nogais. Á presentación deste libro, que forma parte da triloxía Caminos, acudiron tamén a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e o periodista Juan Carlos Rodríguez, entre outras autoridades.