Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación apoia a campaña de información e recadación de fondos de AFALU

afalu

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este venres a mesa informativa e de cuestación que instalou a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer de Lugo (AFALU) na Praza de San Marcos. A institución provincial súmase a esta campaña de visibilización con motivo do Día Mundial desta doenza, que terá lugar o sábado, 21 de setembro. Ademais, a Deputación tamén achega a esta entidade unha colaboración económica anual de 12.000€ para a atención das persoas que padecen alzhéimer e aos seus familiares.