Deputación de Lugo

A Deputación presenta 18 xovencas da Granxa Gayoso na Poxa de Raza Rubia Galega de Adai

granxa gayoso castro
Poxa Adai

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega que se celebrou no recinto feiral de Adai, no concello do Corgo. Esta cita é a última que se fai este ano neste lugar e que, coma sempre, espertou un gran interese entre os gandeiros ao ter carácter nacional.   

A Deputación presentou 18 xovencas da Granxa Gayoso Castro cun prezo de saída de 2.300 euros, e que acadaron un prezo medio de 3.005€ e un prezo máximo final que chegou aos 4.500€.