Deputación de Lugo

Arranca a mostra de distribución hostaleira L de Lugo no Pazo de Feiras co apoio da Deputación

Pilar García Porto
Feira L de Lugo
Feira L de Lugo

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo na inauguración da mostra de distribución hostaleira L de Lugo. Esta iniciativa, que se consolidou en tan só catro anos e que conta deste o primeiro co apoio da Deputación, recibiu para esta edición unha achega provincial de 15.000€.

“Estamos nun espazo que conecta profesionais e público en xeral, xuntando aos mellores cociñeiros, produtos destacados con denominacións de orixe e identidades xeográficas protexidas, así como as principais marcas do sector en Galicia”, valorou García Porto. Engadiu que a Deputación colabora con esta cita porque a da distribución “é unha actividade fundamental para dinamizar a economía, xerar emprego e poñer en valor un turismo de calidade e de experiencias”.

Na cita participaron xunto a Deputada, a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; e a Conselleira de Medio Rural, María José Gómez, entre outras autoridades.