Deputación de Lugo

A Deputación pon en valor os produtos da Montaña nunha nova edición da Feira do Mel de Baleira

Carlos López
feira do mel
Baleira
Feira do Mel de Baleira

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este domingo na sétima edición da Feira do Mel que se celebra no Cádavo, no concello de Baleira. Unha cita que promove a Asociación Montes e Vales Orientais e o Xeodestino Ancares Terras do Burón, coa que colabora a Deputación, para promocionar e exaltar os produtos da Montaña.

A Feira do Mel de Baleira, que comezou onte cun obradoiro de xabóns e unha cata de mel, continúa hoxe cos talleres de hidromel, degustación de freixós e chulas con mel e cervexa de castañas. Ademais haberá música infantil e terá lugar a apertura do panel de cata.