Deputación de Lugo

O Presidente recibe ao Director Xeral de Execución Penal e Reinserción Social no marco das Xornadas Penitenciarias, organizadas co apoio da Deputación

xornadas penitenciarias

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes no seu despacho do Pazo de San Marcosao Director Xeral de Execución Penal e Reinserción Social, Miguel Ángel Vicente. A visita forma parte da XXXVIII edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses que se están a celebrar na sede da institución provincial esta semana coa colaboración da Deputación. O representante do Ministerio de Interior participará esta tarde na conferencia titulada A igualdade de xénero e diversidade sexoxenérica na Administarción penitenciaria. No encontro, José Tomé Roca, agradeceulle a visita á sede provincial e fíxolle entrega como agasallo institucional dun exemplar do libro Proxectos para o Hospital Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo e unha réplica da fachada do edificio do Pazo de San Marcos.