A Deputación inicia as obras de mellora na LU-P-2104 que une Portadornas con Lameiro, en Friol
A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos para a rehabilitación do firme dun tramo da LU-P-2104, que vai desde Portadornas ata Lameiro, por Xiá, no concello de Friol. Esta actuación, que conta cun investimento de preto de 63.000€, afecta a un treito de case 3 quilómetros, concretamente no tramo que vai desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 2,6. Ademais, neste proxecto tamén se inclúe o acondicionamento do ramal.
Trátase dun importante proxecto para os veciños e veciñas da zona, pois é a estrada que vertebra a parroquia da Xiá. As obras, que está a realizar a empresa Cholo SL, consisten na apertura de cunetas, na reparación dos danos e na repavimentación do firme. Con estes traballos reducirase o risco de accidentes e mellorarase a seguridade viaria, a comodidade e os desprazamentos da veciñanza.