O Presidente asina a venda dunha nova parcela no polígono de Friol e outra no de Chantada
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos e ante notario, a venda de dúas novas parcelas nos polígonos de Friol e Chantada. José Tomé anunciou que, con estas novas operacións, "completamos a ocupación do polígono chantadino de Acivros, cun total de 49 parcelas vendidas, contribuíndo ao impulso do desenvolvemento económico da zona e afianzando este complexo industrial como un referente empresarial". A última parcela do polígono chantadino, a número 45, foi vendida á empresa Biomiño SL, especializada no comercio de aparatos electrodomésticos, cun importe de 49.253€.
Pola súa parte, no polígono de Friol, a parcela número 10 foi vendida á empresa Electromecánica Núñez Brao SL, dedicada ao mantemento e reparación de vehículos de motor, por un importe de 40.428,52€. Desta xeito, a día de hoxe, no polígono de Friol quedarían dispoñibles 26 das 55 parcelas existentes.
No resto dos parques industriais que xestiona a Deputación de Lugo a dispoñibilidade é de 12 parcelas no polígono de Baleira, das 27 existentes; as 24 de Cospeito; 28 en Friol, das 55 coas que contaba este parque; 2 en Ourol das 3 coas que conta; 17 das 19 que había inicialmente no de Paradela; e 3 das 12 iniciais do complexo de Begonte.