A Deputación condena o asasinato de violencia vicaria de Jaén

A Deputación de Lugo expresou esta luns a súa enérxica repulsa ante o crime por violencia vicaria acontecido o pasado xoves en Linares, na provincia de Jaén. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, gardou un minuto de silencio na Subdelegación do Goberno en Lugo xunto á Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e veciños e veciñas da cidade.
No 2024 o número de menores de idade asasinados por violencia de xénero en España é de 9, e desde o ano 2013, momento no que se empezaron a recompilar estes datos, a cifra é de 62.