Deputación de Lugo
Turismo

O Presidente anuncia a renovación do patrocinio da Deputación ao piloto Eduardo Iglesias no Dakar

Rally Dakar
José Tomé Roca
Eduardo Iglesias

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este venres que a institución provincial achegará 15.000€ ao piloto de motos Eduardo Iglesias para que poida participar no Rally Dakar 2025. Fíxoo na Praza de San Marcos, onde recibiu ao deportista monfortino e valorou a súa participación nunha das probas máis duras e máis mediáticas do mundo. “Apoiamos o talento e o esforzo dos deportistas da provincia polos valores que transmite o deporte e pola súa capacidade para promocionar o noso territorio”, sinalou.

Esta será a sexta ocasión na que Eduardo Iglesias participa no Rally Dakar, que volverá a ser en Arabia Saudita entre o 3 e o 17 de xaneiro. Como todos os anos, o piloto portará o escudo da Deputación na moto, na vestimenta, na furgoneta e nunha carpa.