Deputación de Lugo

A Deputación participa en Lugo na presentación da obra O gran libro do cocido galego de José Mª Paz Gago

Presentación libro Paz Gago

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores no Hotel Méndez Núñez de Lugo na presentación da obra O gran libro do cocido galego, do catedrático en Literatura Comparada José María Paz Gago. Á presentación desta publicación, na que se inclúe un repaso pola historia deste tradicional prato, tamén asistiu o Presidente da Academia Galega de Gastronomía, Francisco García-Bobadilla, e o xornalista Andrés Ramos, entre outras autoridades.

 

Rivera Capón enxalzou o “talento poliédrico” do profesor Paz Gago “escritor, humanista, estudoso de Pardo Bazán, experto en moda e teatro e agora defensor e cronista dun dos cumes da nosa gastronomía”. O Deputado tamén quixo agradecerlle en nome da institución provincial “esta obra que mestura alma e raíces”.