Deputación de Lugo

A Deputación recibe un recoñecemento de FADEMGA pola súa colaboración continua coa entidade

Pablo Rivera Capón

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recolleu en nome da Deputación de Lugo un obsequio da man de Eladio Fernández Pérez, Presidente da Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA), en recoñecemento á continua colaboración e apoio da institución provincial coa entidade. Rivera Capón agradeceu á entidade esta distinción que recibiu durante o xantar de Xuntas Directivas de FADEMGA que tivo lugar este sábado na adega Algueira, en Doade. 

O Deputado destacou que a institución colabora cunha achega nominativa de 8.000€, e ademais leva anos destinando unha aportación económica de 2.500€ anuais para o servizo de orientación laboral da entidade, que beneficia a máis de 700 persoas, entre usuarios e as súas familias. FADEMGA foi fundada en 1979, e agrupa a 41 entidades e máis de 7.000 socios.