Deputación de Lugo

A Deputación asiste ao Almorzo Agrícola organizado polo Colexio Oficial de Enxeñería Agrícola de Lugo

Carlos López
Almorzo agrícola

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiu este venres ao Almorzo Agrícola ‘Coidando da terra, coidamos da xente’, organizado polo Colexio Oficial de Enxeñería Agrícola de Lugo no marco do encontro do Consello Xeral de Enxeñería Agrícola de España. A este acto, que tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, tamén asistiu o Deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo, e o Presidente do Colexio de Enxeñería Agrícola de Madrid, Carlos Gilarranz, entre outras autoridades.