A Deputación apoia o evento solidario e gastronómico DiezRaziones en favor de Raiolas e Down Lugo
A velada contará cun menú de 10 pratos, 10 sorteos, e un prezo de 100 euros que se destinará integramente ás asociacións lucenses Raiolas e Down Lugo. As entradas xa están dispoñibles nos restaurantes colaboradores da cidade e na páxina webdiezraziones.com
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este martes na presentación de DiezRaziones, un evento gastronómico e solidario que se celebrará o vindeiro 21 de febreiro no Círculo das Artes de Lugo co apoio da Deputación. A institución provincial aporta unha achega económica de 6.000€ para aorganización da cita culinaria, que promoven varias empresas de restauración, ONGs, da comunicación, e de organización e xestión de eventos. O obxectivo da cita é recadar fondos para a Asociación Raiolas e Down Lugo, ao mesmo tempo que se potencia e dá visibilidade ao seu importante labor social e de integración.
Miguel Fernández destacou a importancia deste tipo de eventos de iniciativas solidarias, porque “ademais de fomentar a colaboración en favor dunha boa causa, contribúe á dinamización económica e á visibilidade das causas sociais”. Subliñou o Deputado o valor da gastronomía “como motor de desenvolvemento turístico e económico para a provincia, un sector que, como o evento demostra, pode ser usado tamén como vehículo para mellorar a sociedade”.
DiezRaziones é un evento solidario que combinará gastronomía de alto nivel e actuacións no Salón Regio do Círculo das Artes de Lugo, e contará con 12chefs de renome de prestixio locais, galegos e incluso de Madrid,que ofrecerán unha experiencia culinaria única. A velada contará cun menú de 10 pratos e 10 sorteos, cun prezo de entrada de 100 euros, cantidade que se destinará integramente ás asociacións lucenses Raiolas e Down Lugo. As entradas xa están dispoñibles nos restaurantes colaboradores da cidade e na páxina webdiezraziones.com
12 chefs para unha velada única
O evento de DiezRaziones terá lugar o vindeiro 21 de febreiro e dará comezo ás 21:00 horas no Salón Regio do Círculo das Artes, coa degustación de pinchos para iniciar a experiencia culinaria. A partir das 22:00 horas, os stands dos chefs participantes ofrecerán as súas creacións gastronómicas, convertendo a noite nunha celebración de sabores únicos.
A velada incluirá ás 23:00 horas un sorteo e o Mago Rafa sorprenderá aos asistentes cun espectáculo de maxia. Ao remate da noite, ás 23:45 horas, a banda La Penúltima Sabinera ofrecerá unha actuación musical.
Entre os chefsque participarán no evento solidario DiezRaziones destaca Miguel F. Vidal, do Restaurante Morgana(Madrid); e os galegos que formarán parte deste equipo de elite son Pablo Vila, chef do grupo Oca Hotels(Santiago de Compostela), Xoán Crujeiras do restaurante Bido (A Coruña);Javier Rodríguez (Taky), responsable do CáteringBoketé (Cambre, A Coruña), e recoñecido ChefExecutive do Restaurante Taberna del Alabardero; GersonIglesias, líder da cociña do Hotel Oca Vila de Allariz (Ourense), e Chisco Jiménez do Culuca(A Coruña).
Así mesmo, os chefs lucenses anfitrións do evento que estarán presentes serán Noelia Canto, da Postrería de Noe; Álex Méndez de Os Cachivaches;Nardo Eiroa de Canedo Restaurante & Brasería;Héctor López, do Restaurante España; e Álvaro Villasante do Paprica.