O Presidente recibe en San Marcos ao novo responsable da Asociación Española Contra o Cancro de Lugo
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de recibir no Pazo de San Marcos ao novo presidente da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Lugo, José Manuel Rozas Bello. No encontro, o mandatario provincial desexoulle “sorte e moitos éxitos” na súa nova etapa á fronte da entidade lucense e reafirmou o compromiso da Deputación, “que seguirá colaborando co mesmo grao de responsabilidade que levamos mantendo todos estes anos”. Á cita asistiu tamén a Presidenta saínte da entidade lucense, Mariluz Abella, á que Tomé Roca aproveitou para agradecerlle o seu “extraordinario” traballo, disposición e cariño nestes nove anos no cargo.
A Deputación mantén unha estreita colaboración coa AECC Lugo e achega anualmente 8.000€ á asociación para facilitar a atención psicosocial dos pacientes oncolóxicos da provincia e apoia e impulsa accións que contribúan ao benestar das persoas.