Deputación de Lugo
Economía

A Deputación destaca o peso do sector agroalimentario lucense nunha visita á empresa Cafés Candelas

Cafés Candelas

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este luns na visita que fixo o Delegado do Goberno, Pedro Blanco, ás instalacións de Cafés Candelas. Alí, o Deputado destacou o peso que ten na provincia o sector agroalimentario e a fortaleza do tecido produtivo lucense; facendo fincapé na importancia da formación para desenvolver o talento e do traballo conxunto de todas as institucións para que a provincia sexa quen de retelo.

Miguel Fernández subliñou o exemplo da compañía cafeteira, unha empresa familiar con máis de medio século de historia que lidera a venda de café á hostalaría en España. Na visita participaron tamén a Alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.