Estudantes do IES Leiras Pulpeiro achéganse ao mundo audiovisual da man da Deputación
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este mércores a un grupo de 29 alumnos e alumnas doIES Leiras Pulpeiro, que se achegaron ata a produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo para coñecer o traballo que se desenvolve en cada un dos departamentos. Os alumnos e alumnas descubriron, dun xeito lúdico e práctico, o arquivo, a redacción, a sala de realización ou os diferentes platós. Pablo Rivera deulles a benvida a “esta visita didáctica” e aproveitou para informarlles sobre os ciclos superiores de realización e produción que ofrece a institución provincial no Centro de Formación Audiovisual.