A Deputación enxalza a figura dos guías de turismo na xornada na que se conmemora o seu Día Internacional
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres, xunto á Alcaldesa do Concello de Lugo, Paula Alvarellos Fondo, nos actos organizados pola Asociación Profesional de Guías de Turismo con motivo do Día Internacional do Guía de Turismo, que se celebra cada 21 de febreiro. Neste evento, alumnos e alumnas do Ciclo de Guías, Información e Asistencia Turística do IES Sanxillao de Lugo realizaron unha visita guiada polas rúas da cidade partindo da Casa Consistorial.
No encontro, García Porto puxo en valor a importancia da figura do guía turismo e definiuna como “fundamental para a promoción, valorización e conservación do noso patrimonio, cultural, natural e histórico”.