A Deputación amosa o seu apoio a AFALU para concienciar sobre esta enfermidade
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, visitou a mesa informativa e de sensibilización que instalou este venres na Praza de San Marcos a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) para a concienciación sobre esta enfermidade. José Tomé saudou á Presidenta do colectivo, María del Carmen Pena Ledo, a quen lle trasladou o seu agradecemento polo importante labor que desempeña na atención dos e das pacientes e das súas familias que padecen esta enfermidade. Explicou o mandatario provincial que a Deputación colabora con AFALU, a través dunha achega de 12.000€ para permitir á entidade desenvolver un programa de estimulación cognitiva orientado a mellorar aspectos fundamentais como a linguaxe, a memoria ou a psicomotricidade. En Galicia, preto de 70.500 persoas padecen Alzheimer ou outro tipo de demencia.