Deputación de Lugo
Economía
Turismo

Rábade será do 17 ao 19 de abril epicentro nacional do xogo co XXVI Gran Máster Futbolín, co apoio da Deputación

Pablo Rivera Capón
Máster Futbolín de Rábade
A institución provincial achega 3.500€ para a desenvolvemento do evento, que agarda reunir a 1.000 xogadores no pavillón municipal Eduardo Fernández competindo en tres modalidades, e que repartirá 16.000€ en premios e unha camiseta

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera, destacou na presentación da cita que acolleu o Pazo de San Marcos, que o evento seguirá “sendo un revulsivo para a economía, a cultura e a gastronomía que xera en Rábade e no conxunto da comarca de Lugo”

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, xunto ao Presidente da Asociación de Futbolín Bola Meiga, José Manuel Candal Barreiro, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos o XXIVI Máster Nacional de Futbolín, que terá lugar do 17 ao 19 de abril. A institución provincial colabora co colectivo cultural e deportivo cunha achega económica de 3.500€ para o desenvolvemento deste torneo, que agarda reunir ao redor de 1.000 participantes competindo en 3 modalidades e repartirá 16.000€ en premios e unha camisetade regalo a cada participante. 

PabloRivera Capón animou a participar neste evento que ata o 14 de abril terá as inscricións abertas, e destacou que ano tras ano suma máis participación e de persoas que se achegan “para desfrutar dun evento único que eses días supón todo un revulsivo para a economía, a cultura e a gastronomía de Rábade e do conxunto da provincia de Lugo”. 

O torneo contará contres modalidades de xogo: parado, combinada e en movemento, onde se repartirán 16.000 euros en premios aos mellores oito postos. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes.

Programa do torneo

Xoves, 17 de abril:
- 17:00 horas: Presentación oficial e sorteo de parellas cegas
- 17:30 horas: Modalidade ‘Combinada parellas cegas’

Venres, 18 de abril:
- 12:00 horas: Modalidade ‘En parado’
- 12:00: horas: Modalidade ‘Feminina’

Sábado, 19 de abril:
- 10:00 horas: Modalidade ‘En movemento’
- 21:00 horas: Finais
- 23:00 horas: Entrega de premios e clausura