Deputación de Lugo

Un grupo de 20 mulleres do programa de animación sociocultural do Centro Uxío Novoneyra visitan o Pazo de San Marcos

Carlos López
Visita á Deputación do Centro Municipal Uxío Novoneyra

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu este venres no Pazo de San Marcos a un grupo de20mulleres do programa de animación sociocultural que desenvolve o Centro Uxío Novoneyra do Concello de Lugo. A visita, que forma parte do Obradoiro Recunchos de Lugoque se imparte neste centro municipal, permitiulle ao grupo coñecerdesde dentro o funcionamento e a historia desta institución pública. 

Carlos López deulles a benvida e entregoulles como agasallo institucional unha mochila cun paraugas e unha gorra. Fixeron un percorrido polas instalacións provinciais, onde descubriu  parte da historia do edificio que hoxe é a sede da Deputación de Lugo.