Deputación de Lugo

A Deputación achega 33.000€ á Feira do Viño de Quiroga, para impulsar a viticultura da Ribeira Sacra

Quiroga
Feira do Viño

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na XLIII Feira do Viño de Quiroga. Unha cita que reúne a centos de persoas para a exaltación dos viños das máis dunha ducia de adegas que participan nesta edición. Rivera Capón salientou a calidade e a riqueza vitivinícola da comarca e recalcou o compromiso da institución provincial co evento, ao que destina 33.000€ a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025.