Deputación de Lugo
Medio ambiente

O alumnado do IES Pedregal de Irimia visita a Aldea das Formigas de San Clodio no marco do Campus de emprendemento sostible da Deputación

Campus de Emprendemento Sostible

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, mantivo un encontro este xoves na Vida de aldea de San Clodio, en Outeiro de Rei, cos alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Pedregal de Irimia de Meira que participaron nunha nova xornada do Campus de Emprendemento Sostible, a iniciativa, que ten en marcha a Deputación de Lugo para fomentar a conciencia social e ambiental entre o alumnado da provincia. Nesta ocasión os participantes aprenderon cuestións relacionadas coa economía circular e deseñaron distintos obxectos ecolóxicos. Carlos López deu a benvida aos rapaces e recordoulles que “vivimos territorio privilexiado, cunha riqueza natural recoñecida a nivel internacional a través das nosas Reservas da Biosfera”.

Campus