O Presidente da Deputación participa no 181º aniversario da fundación do corpo da Garda Civil

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes nos actos conmemorativos polo 181 aniversario da fundación do corpo da Garda Civil que tiveron lugar na Comandancia de Lugo. Neste evento, no que ademais da entrega de condecoracións e diplomas tamén se realizou a lectura de Decretos Fundacionais da Garca Civil, o mandatario provincial fíxolle entrega da Cruz do Mérito con distintivo branco ao cabo Alejo López Fernández. Ao acto tamén asistiu a concelleira de Cohesión territorial do Concello de Lugo, Ana González Abelleira, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Luis Germán Avilés, entre outras autoridades.