A Fonsagrada acollerá o primeiro Congreso de Turismo de Embalses de España grazas á Deputación

Esta cita está dirixida a profesionais, xestores, entidades e administracións vencelladas ao desenvolvemento das contornas acuáticas que poderán participar inscribíndose antes do 12 de setembro en https://forms.gle/Afy3sh79wFXe583R7
A Deputación de Lugo, no marco do proxecto Turembalses, vén de abrir o prazo de inscrición para participar no I Congreso de Turismo de Embalses de España que se celebrará os días 18 e 19 de setembro no Salón de Actos dos Chaos da Fonsagrada. Dúas xornadas gratuítas sobre o aproveitamento das augas de interior para a promoción do territorio que estarán dirixidas a profesionais, xestores, entidades e administracións.
Participar será gratuíto e haberá que inscribirse, antes do 12 de setembro, a través do formulario https://forms.gle/Afy3sh79wFXe583R7. Na cita, abordaranse cuestións clave como a potencialidade do turismo de embalses, gobernanza e xestión sostible dos encoros como recurso turístico, dixitalización e calidade da oferta, oportunidades de negocio e cooperación entre territorios, e retos e oportunidades. A secretaría técnica do congreso estará dispoñible para resolver calquera dúbida a través do correo electrónico turembalses@sityconsultores.com e tamén nos teléfonos 661 920 098 e 699 886 696.
Turembalses é unha iniciativa colaborativa que, ademais da Deputación de Lugo, impulsan a Deputación de Cáceres, Badajoz, Femembalses, ADI Sierra Oeste de Madrid, a mancomunidade Valle Norte de Lozoya e a asociación Navarra Tierras de Iranzu co obxectivo de promocionar os embalses e as augas de interior como destinos turísticos sostibles, innovadores e motores do desenvolvemento rural en España.
No marco de este proxecto, a Deputación de Lugo organizou este verán Encoro Aventura, un programa de actividades gratuítas nas presas da provincia que foi un éxito de participación. Deportes acuáticos, BTT, sendeirismo científico e literario, astronomía, música ou enoturismo foron as propostas nas que puideron participar 140 persoas.
